lunes, 12 de marzo de 2012

SOMBRAS

Ocultando temperás faces
Somerxidos nunha rara escuridade
Buscando sosego ás súas dores
Espreitando dende as sombras

Drogadictos e alcólicos terroríficos
Uns rouban e outros piden
Ricos dende os seus castelos magníficos
Obsérvanos e só rin

Ninguén os axuda nin acode
Almas humanas en pena
Ela, quer saír mais non pode
Apreixada dende nena

LUME

Cálido e fumegante resplandor
Alumeante luceiro da evolución
Sérvesnos para darnos calor
E para prepararnos un atracón

Lumieiro da evolución que esgotas todo
Dende a grande e bela carballeira
Ata o rápido e pequeno raposo
Causando a destrución da grande feira

Caciques que rebaixan o prezo das terras
Utilizando este cálido resplandor
Só para conseguir unas parcelas
Merecedes do inferno a súa dor

LUME

Cálido e fumegante resplandor
Alumeante luceiro da evolución
Sérvesnos para darnos calor
E para prepararnos un atracón
Lumieiro da evolución que esgotas todo
Dende a grande e bela carballeira
Ata o rápido e pequeno raposo
Causando a destrución da grande feira
Caciques que rebaixan o prezo das terras
Utilizando este cálido resplandor
Só para conseguir unas parcelas
Merecedes do inferno a súa dor

jueves, 28 de abril de 2011

"os comezos"

Cos primeiros raios vislumbrados
Ditas as primeiras palabras
Unha vez os cueiros deixados
E coas primeiras pisadas dadas

O cambio de voz na gorxa
A atracción sexual espertante
A primeira decepcion amorosa
As primeiras carreiras ó volante

Pisando o acelerador polo monte
Coma quen ten mala sorte
Acabou guindado dunha ponte
A primeira e última norte.

martes, 26 de abril de 2011

" a morte"

Longa e escura man
Que levas deste mundo o san
Levas tamen ó bo
E incluso algún marrán

Agochada nalgún recanto
Causando calquer incidente
A túa vítima axexando
Alguna cae por accidente

Negra sombra que te agochas
Sacas da escuridade as gadoupas
Coas que á tua presa atacas
Ou calquera cousa que atopas.

martes, 19 de abril de 2011

“SÁBADO”

Na mais absoluta escuridade,
Reunidos en calquera calella,
Ata na máis pequena cidade,
Coma unha longa e tupida marea.

Un monte rapaces e raparigas
Cheos de alcol e de maria
Movendo con ritmo as barrigas
En calquera dos locais da vila

Unha vez co sarao rematado
cada un vai para o seu lar
tanto ten só ou acompañado
tanto ten foder ou soñar.

“O LEITE”

Branco e doce elemento
Froito das vacas marelas
Serve cada mañá de alimento
Con galletas e magdalenas

Doces derivados con azúcar
Iogures con azúcar ou naturales
Queixo tetilla podes tomar,
ou desaiunar se praces.

Ese doce e branco elemento
Que serve de alimento
Cousa que o máis pequeno quere
E o máis vello tamén … … … leite.